Saltear al contenido principal
O Equipo Do Club Chan Do Fento, CAMPIÓN Da Ruta Do Viño 2022

O equipo do Club Chan do Fento, CAMPIÓN da Ruta do Viño 2022

O pasado mércores, 27 de xullo, celebrouse no campo do Aeroclub de Santiago a derradeira xornada da Ruta do Viño 2022, onde chegaban moi axustados, e únicos con posibilidades de victoria final, os equipos de Chan do Fento e Ría de Vigo.

Como non podía ser doutra forma, foi o equipo do Club Chan do Fento quen alzou o trofeo de campión, tras un empate final a puntos con Ría de Vigo, resolto por seren gañadores de máis torneos ao longo da tempada (3&2).

Esta Directiva celebra con todo o equipo o éxito e trasladámoslles os nosos parabéns aos seus membros, mencionando especialmente a Jorge Castiñeiras e aos seus prezados asistentes: Antonio Parrado e Rafa Solla.

A copa de gañadores exporase ao longo de todo este ano, co obxetivo non só de compartilo co resto de socios e socias, senón tamén co de que permaneza na vitrina máis aló da próxima tempada, o que significará que gañamos outro ano máis.

Botando unha ollada atrás, debemos recordar que o noso Clube xa ten unha Copa Ruta do Viño en propiedade, por vencer en tres ocasións consecutivas, sendo o único equipo dos participantes que ten este histórico galardón.

¡ Adxúntanse unhas imaxes da xornada final !

¡Hola golfista! Simplemente aparecemos en la pantalla para informarte de que este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. No es nada peligroso ni preocupante. Solo sabemos el país desde el que navegas y la procedencia de que hayas llegado a esta web, el sistema operativo desde el que nos lees (Google Chrome, Microsoft Edge, Safari...) y el dispositivo desde el que nos lees (móvil, tablet o PC).Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Pincha el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Volver arriba
Abrir chat
¿Necesitas ayuda? Coméntanosla
¡Hola golfista! ¿Necesitas ayuda? Te la resolvemos por WhatsApp