
IV SEMANA DE OURO DO ALBARIÑO
Onte, 3 de xullo de 2020, presentouse públicamente a IV Semana de Ouro do Albariño. O torneo celebrarase no Campo de Golf de Meis entre o 20 e o 26 de xullo en 5 xornadas, de luns a venres. Como vén sendo habitual, cada xornada estará patrocinada por unha bodega diferente da Denominación de Orixe Rías Baixas e unha gran final patrocinada polo Concello de Cambados, que terá lugar o domingo 26.
Nesta edición incorpóranse a Mancomunidade do Salnés e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas como novos patrocinadores.
Ademáis, dende o clube Chan do Fento agradecemos especialmente a Jorge Castiñeiras, director do torneo, o esforzo empregado en organizar un torneo competitivo e recoñecido en toda Galicia, poñendo en valor o Campo de Golf de Meis a nivel autonómico e nacional.
Grazas a Lagar de Pintos, Martín Códax, Pazo Señoráns, Paco y Lola e Terras de Asorei por participar neste gran evento e estar a disposición da organización do torneo, así como ás casas rurais e restaurantes que colaboran con premios para os participantes na xornada final do domingo.
Asistiron ao acto o Presidente da Fundación, a alcaldesa de Cambados, representantes das bodegas, Jorge Castiñeiras, coma organizador, e Daniel Estévez, en representación do noso clube.
A fusión golf e viño será canle para a promoción do turismo rural e o comercio local na Mancomunidade do Salnés.
Empujando la bola desde 2008. Estudiante del Máster en Abogacía. En el Club Chan do Fento, asumo las funciones de secretario, redactado y custodia de documentos y subvenciones o ayudas, y las de Webmaster, diseñando y estructurando la web, creando los carteles de los torneos, elaborando los documentos, subiendo fotografías y vídeos y redactando las crónicas, incluyendo La Escuela Infantil. Además, me encargo de la Newsletter.