Saltear al contenido principal
Xa Somos Patrocinadores E Patrocinados Da Deputación De Pontevedra

Xa somos patrocinadores e patrocinados da Deputación de Pontevedra

O Club Chan do Fento, por primeira vez dende a Directiva de Dositeo Quintas, terá como patrocinador e será patrocinador dun organismo público de gran importancia para toda Pontevedra: a Deputación.

Por problemas fiscais atrasados cando chegamos ao club en febreiro de 2020, non puidemos optar a pasada tempada ás subvencións que ofrece aos clubes deportivos a Deputación de Pontevedra, dende a Delegación de Deportes, dirixida por Gorka Gómez Díaz.

Sen embargo, este ano, unha vez solventados os problemas, elaboramos un gran informe, volvimos optar á subvención e obtivemos a máxima que concede a Deputación, que será destinada en maior medida a «La Escuela Infantil» e á organización da Liga Chan do Fento 2021.

Por isto, somos embaixadores por primeira vez da Deputación de Pontevedra na nosa escola infantil e na nosa Liga Chan do Fento 2021, lucindo o logo nos nosos documentos, nos actos e nas ligas e torneos organizados por nós.

Esperamos cedo, en canto a situación mellore, no mes de setembro, poder reunirnos co delegado de deportes, Gorka Gómez, para tratar a importancia do Club Chan do Fento neste enclave do Salnés, incluindo xogadores do Morrazo, Barbanza, Vigo e incluso do Deza, e a importancia de potenciar o golf dende os organismos públicos.

¡Hola golfista! Simplemente aparecemos en la pantalla para informarte de que este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. No es nada peligroso ni preocupante. Solo sabemos el país desde el que navegas y la procedencia de que hayas llegado a esta web, el sistema operativo desde el que nos lees (Google Chrome, Microsoft Edge, Safari...) y el dispositivo desde el que nos lees (móvil, tablet o PC).Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Pincha el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Volver arriba
Abrir chat
¿Necesitas ayuda? Coméntanosla
¡Hola golfista! ¿Necesitas ayuda? Te la resolvemos por WhatsApp