Saltear al contenido principal
Volve O Golf, Pero Con Cabeciña

Volve o golf, pero con cabeciña

Estimad@s socios e socias,

Como sabedes, ven de autorizarse pola Xunta de Galicia a práctica da actividade física ou deportiva en instalacións deportivas ao aire libre. A boa noticia é que a apertura do noso campo de golf farase en canto as condicións do mesmo o permitan. 

Tras consultar cos responsables da instalación, dixéronnos que podería ser a partir da vindeira semana, pois, como sabedes, ademais das labores de mantemento que se iniciaron, a cantidade de auga caída nas últimas semanas fixeron imposible o segado regular e, polo tanto, espérase que estes días que falta ata o 22, póidase presentar o campo nunhas condicións, se non boas, ao menos suficentes para unha práctica que todos desexamos retomar canto antes.

O maior problema que temos coma xogadores/as ven co tema das restricións perimetrais que seguen en vigor dende o día 26 de xaneiro, e que non permiten saír do propio concello se non é con causa xustificada de acordo coas normas publicadas. É claro que para as persoas residentes no mesmo concello onde estea o campo, non ten problema ningún o que de seguido imos comentar.

A seguinte proposta é a que formularemos á Fundación e polo tanto estamos pendentes de acordala, así que é totalmente provisoria. Se atopamos unha fórmula máis sinxela para todos, cambiaríase. Conxuntamente emitiriamos unhas instrucións para todos. 

Para quen resida en concello distinto da ubicación do campo, será necesario ter un certificado SEMANAL emitido ben polo Club ben pola Federación no que se indicarán ademais dos datos persoais, os DIAS E HORAS da semana nos que van practicar. O desprazamento deberá estar xustificado pola realización dun adestramento vinculado a participación nunha competición incluída no calendario oficial.

Isto implica dispoñer da reserva de hora no campo nesas datas e ademais estar inscritos nunha competición federada a celebrar nas seguintes catro semanas.

O tema, polo tanto, precisa unha coordinación entre a Fundación e o Club, no senso de que a reserva do dia e hora e a inscrición deberá facerse a través da Fundación (Campo de Golf) e cos datos que nos faciliten o Club emitirá o correspondente certificado.

Pola nosa parte, imos publicar como competición federada a Liga Chan do Fento con todas as xornadas e as súas datas actualmente aprobadas, de tal maneira que con unha inscrición sexa suficiente. O tema dos dias e horas deberá fixarse cada semana, previa reserva no campo, para a expedición un novo certificado semanal.

Anexamos as instrucións recibidas para xeral coñecemento.

Debemos ser comprensibles coa situación actual. O golf volverá, pero para adestrar. Debemos ser responsables. Trátase da saúda da xente. Un saúdo e cóidense: isto aínda non rematou.

¡Hola golfista! Simplemente aparecemos en la pantalla para informarte de que este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. No es nada peligroso ni preocupante. Solo sabemos el país desde el que navegas y la procedencia de que hayas llegado a esta web, el sistema operativo desde el que nos lees (Google Chrome, Microsoft Edge, Safari...) y el dispositivo desde el que nos lees (móvil, tablet o PC).Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Pincha el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Volver arriba
Abrir chat
¿Necesitas ayuda? Coméntanosla
¡Hola golfista! ¿Necesitas ayuda? Te la resolvemos por WhatsApp